Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Empresa: Fundamentos de administración
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Poderá valorarse a participación do alumnado, a súa capacidade de crítica, a súa capacidade expositiva na resolución de cuestions, actividades e/ou exercicios plantexados nas prácticas con esta finalidade. 0-40
Estudo previo Poderá valorarse se o alumnado realizou as tarefas propostas antes de determinadas clases teóricas ou prácticas (lecturas ou visualización de textos ou videos e test de autoavaliación dos mesmos, búsqueda de noticias relacionadas co temario...) 0-15
Foros de discusión Poderá valorarse a participación do alumnado, a sua capacidade crítica e de argumentación nos temas propostos polo profesorado 0-5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para avaliar as competencias adquiridas que incluen preguntas de corrección obxectiva sobre aspectos concretos da materia. Será necesario sacar unha nota mínima do 40% do valor destas probas para considerar o resto das partes avaliables.
100-50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado nas convocatorias ORDINARIA e EXTRAORDINARIA ten dúas posibilidades de avaliación:

1. AVALIACIÓN CONTINUA: 

A nota (N) obtida por este tipo de avaliación está composta pola alcanzada nas posibles Actividades (A) propostas ao longo do cuadrimestre polo profesorado así como en dous Parciais (P) que consisten en dúas probas escritas nas que se requirirá un mínimo para que poidan ser consideradas as actividades anteriores. En concreto, as actividades A poden ser de tres tipos: A1, A2 e A3, e a relación entre as tres notas (A, P e N), as súas puntuacións e a súa descrición é a seguinte:

A (entre 0-50%):

A cualificación das actividades (A) obterase a través de tres posibles tipos de actividades expostas como complementarias, e que poden consistir en: 

A1_Resolución de problemas (entre 0-40%)

A2_Estudos previos (entre 0-15%)

A3_Foros (entre 0-5%). 

A consideración conxunta das tres posibles actividades conformará o valor  A=(A1+A2+ A3)  e terá un valor máximo de 5 puntos. Para iso, si a suma  (A1+A2+A3) é igual ou superior a 5, asignarase o valor de A=5 e, si a suma é inferior a 5, asignarase o valor da suma A= A1+A2+A3.  En consecuencia, o máximo posible alcanzable coa realización das actividades propostas (A1+A2+A3=6) implicarían un máximo avaliable de A=5.

P (entre 0-50%): 

A cualificación obtida nos parciais (P) realizados ao longo do cuadrimestre obtida como P=P1 +P2, sendo P1 a nota da primeira proba deste tipo e P2 a nota da segunda.

N (entre 0-100%)*:

A cualificación da Avaliación Continua (N) calcúlase como N=P+A.

A nota obtida no primeiro parcial requirirá un mínimo (40%) para liberar materia e a nota da suma dos parciais tamén debe ser dun mínimo do 40% para poder sumar a nota obtida nas actividades (A). En caso de non superar o primeiro parcial, será necesario a realización desta parte no exame final da materia para superar a materia, sen detrimento de a nota obtida nas actividades A.

2. AVALIACIÓN NON CONTINUA: O exame final é o 100% da cualificación.

Na convocatoria de FIN DE CARREIRA o exame suporá o 100% da cualificación.

A data oficial dos exames pode consultarse na web da facultade http://fccee.uvigo.es/

 * Valorarase con 0.25 puntos a realización do curso virtual organizado pola Biblioteca central; Coñece a Biblioteca e aprende a buscar, avaliar e utilizar a información; dirixido ao alumnado de 1º grao e que ten como obxectivo que o estudante adquira os coñecementos básicos para buscar, analizar, seleccionar e organizar a información de maneira eficiente, así como utilizar e comunicar a información eficazmente de forma ética e legal.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000