Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa disciplina. O alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral. COMPUTABLE EN AVALIACIÓN CONTINUA . Xunto co resto dos elementos da avaliación continua ata un 50
Seminario Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado para o asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. COMPUTABLE EN AVALIACIÓN CONTINUA . Xunto co resto dos elementos da avaliación continua ata un 50
Lección maxistral Exposición, por parte do profesorado, dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que ten que desenvolver o estudantado. COMPUTABLE EN AVALIACIÓN CONTINUA Xunto co resto dos elementos da avaliación continua ata un 50
Resolución de problemas e/ou exercicios Exames con preguntas breves sobre a materia. COMPUTABLE EN AVALIACIÓN CONTINUA Xunto co resto dos elementos da avaliación continua ata un 50
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final. Esta proba forma parte da avaliación continua, e proporcionará a cualificación para aqueles alumnos que opten pola modalidade de avaliación global. Variable, en función de se o alumno opta pola avaliación continua ou non.
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas dos exames da materia poderán ser consultadas na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es

A nota final do curso virá dada pola seguinte fórmula:

NF=A+(10-A)E/10

sendo A a nota da avaliación continua (máximo de 5 puntos) e E a nota do exame final (máximo de 10 puntos).

O mesmo sistema de avaliación será seguido no caso da convocatoria de fin de carreira.

En caso de non superar a materia na primeira convocatoria, a nota obtida polo traballo ao longo do curso manterase para a segunda convocatoria. Os puntos da avaliación continua obteranse por: a asistencia a clase e a participación nela. As probas curtas realizadas nas clases prácticas ao longo do curso. Os exercicios e/ou traballos propostos previamente e realizados fóra das horas de clase.

A fórmula empregada permite ao estudantado ser avaliado como máis lle conveña, pois entre a cualificación obtida por avaliación continua e a obtida por avaliación global outorga ao estudante as mellor entre as dúas posibilidades, non sendo preciso acadar unha puntuación mínima en ningún apartado para poder superar a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000