Exame de preguntas de desenvolvemento |
Proba obxectiva dirixida a provocar a lembraza da aprendizaxe previa. Poderá consistir na realización dunha pregunta loga, de varias preguntas curtas ou nunha proba tipo test, ou mesmo nun exame oral, segundo as circunstancias sociais existentes.
Para superar a materia será necesario acadar nesta proba un mínimo de 5 sobre 10.
|
50 |
A1 A3 A4 A5
|
|
|
|
Primeira Convocatoria ordinaria. Sistema de avaliación continua. Os alumnos e alumnas que se acollan ao sistema de avaliación continua serán avaliados segundo os criterios sinalados anteriormente. Na proba final, o exame suporá o 50% da cualificación final, tendo que a acadar o estudante unha calificación mínima de 5 sobre 10, para que sexan tidas en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua. O exame consistirá no desenvolvemento de preguntas de resposta longa, de conformidade coas
indicacións que no seu momento se concretarán. As notas obtidas no proceso de avaliación continua conservaranse para a segunda oportunidade sempre que o estudante alcance a calificación mínima de 5 sobre 10. -Sistema de exame final. Os alumnos e alumnas que non seguiron ou non superaron a avaliación continua terán dereito a un examen final
teórico e práctico no que se avaliarán as competencias globais da materia e constituirá o 100 % da cualificación da materia. O exame consistirá nunha parte teórica donde se farán preguntas de resposta longa; e na parte práctica se desenvolverá un caso práctico e se contestará a unha serie de preguntas relacionadas co mesmo. Así mesmo, o estudante terá que facer unha presentación e exposición dun libro indicado na plataforma docente, de conformidade coas porcentaxes que constan na Guía Docente. 2. Segunda oportunidade. Os estudantes que superando a avaliación continua non alcanzasen a cualificación mínima farán un exame similar ao da primeira convocatoria, e se lles conservarán as cualificacións obtidas no proceso de avaliación continua. Os estudantes que non se acollesen a avaliación continua terán dereito a un exame final teórico e
práctico similar ao da primeira convocatoria, que constituirá o 100 da cualificación da materia.
3. Convocatoria fin de carreira. Para aqueles estudantes que se matriculen na convocatoria de fin de carreira, o exame consistirá nun exame sobre a materia obxecto do Programa da asignatura. As datas de exame de todas as convocatorias estarán fixadas e a disposición dos estudantes tanto na propia Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo como na súa páxina web. Recoméndase para que os estudantes participen na avaliación continua, que suban a súa ficha de estudante á plataforma TEMA. |