Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Xestión do coñecemento e a innovación tecnolóxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Os estudantes redactarán análises sobre distintos aspectos da materia e/ou resolverán casos e problemas. 20 A2
B1
B2
Debate Os profesores interpelarán aos estudantes con preguntas cuias respostas requerirán relacionar distintas temáticas xa abordadas. 10 A2
A3
A4
B2
Traballo tutelado O traballo tutelado fai referencia a un Plan de Innovación que sigue un modelo proporcionado polo profesor e dispoñible en FAITIC. Serán criterios de avaliación os seguintes:

PRESENTACIÓN FORMAL:
O índice estará o máis desagregado posible e indicará a páxina na que se atopa cada item.
Todas as cifras incluídas en texto, cadros, gráficos e figuras deberán explicitar a fonte.
As citas literais deberán ir entre aspas e acompañadas da fonte da que se extraen. Se non son literais, citarase só a fonte. A detección dun plaxio será castigada coa maior das sancións segundo os Estatutos da Universidade de Vigo.
As fontes -documentais, orais, informáticas...- deberán recollerse todas nun apartado final.

NIVEL E CALIDADE DA PROFUNDIZACIÓN TEMÁTICA

CAPACIDADE DE ANÁLISE
Estructuración e análise crítica da información
Orixinalidade e rigorosidade argumental

EXPOSICIÓN FINAL DUN DOS PROXECTOS PROPOSTOS NO PLAN DE INNOVACIÓN PARA BUSCAR FINANCIAMENTO
Axuste da exposición a 5/10 minutos
Fluidez da presentación
Capacidade de convicción
40 A2
A3
A4
B1
B2
C1
C3
D2
Exame de preguntas obxectivas O exame constará de 20 preguntas tipo test de resposta única, con 4 respostas posibles. Cada pregunta correcta suma 1 punto e cada erro resta 0.33 puntos.
Esta proba tipo test poderá sustituirse nalgunha das convocatorias por enunciados sobre os que o/a estudante deberé mostrar o seu acordo ou desacordo, e explicar os argumentos da súa resposta. Existen exemplos de ámbolos dous tipos de exames en faitic.
30 A3
B1
B2
C1
C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A puntuación pola participación e realización de todas as tarefas mantense nas convocatorias do curso académico e non se gardará para cursos sucesivos.

Alternativamente ao sistema de avaliación arriba descrito, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación. Na convocatoria específica “de fin de carreira”, o exame suporá o 100% da calificación.

Notas específicas sobre o exame (con ou sen avaliación continua):

(1) Poderán ser de tipo test ou de preguntas curtas.

(2) Nas transparencias dispoñibles en FAITIC pódese atopar un índice estendido das temáticas que os estudantes deberán complementar pola súa conta durante a docencia presencial e/ou acudindo á bibliografía recomendada.

(3) As datas dos exames da materia poderán ser consultadas na páxina web: http://fccee.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000