Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Investigación comercial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a presentar os obxectivos e contidos da materia, a metodoloxía de traballo e os sistemas de avaliación.
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos da materia. Para a explicación da materia o profesorado exporá cuestións e exercicios que se resolverán na aula fomentando a participación do alumnado.
Resolución de problemas O alumnado debe solucionar unha serie de exercicios ou casos, baixo as condicións establecidas polo profesorado, aplicando os coñecementos adquiridos. Correspóndese coas prácticas que debe realizar o alumnado de forma presencial en seminarios ou aulas de informática.
Prácticas con apoio das TIC Ao finalizar un tema abrirase un test en faitic, relativo aos contidos explicados na sesión maxistral. Estes tests deberán realizarse nos prazos establecidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000