A materia pretende proporcionar ao alumno os coñecementos necesarios para deseñar e desenvolver un programa de mercadotecnia e capacitarlle para a toma de decisións comerciais. En concreto, a materia de dirección comercial II pretende profundar no coñecemento e posta en práctica das estratexias operativas de mercadotecnia produto, prezo, comunicación e distribución.
Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as tutorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés. A oferta da materia con carácter English Friendly só aplícase á titulación dobre grao ADE/Dereito.