A nota final da materia
será unha media ponderada do seguimento continuo da materia (exercicios das
clases prácticas, participación, cuestionarios de seguimento, etc. ) e de dous
exames de preguntas obxectivas. A valoración será a seguinte: Exame parcial 25%;
Exame final 45%; Tarefas de seguimento 30%.
A data do exame parcial
notificarase aos alumnos o primeiro día de curso.
Os alumnos que alcancen a
nota mínima de 4 no exame parcial, poderán excluír o contido deste exame no
exame final. Os que teñan unha nota inferior a 4 deberán facer o exame final
con toda a materia (neste caso, o exame final pondera un 70%).
O exame da convocatoria
extraordinaria realizarase do contido de toda a materia, conservando a nota das
actividades realizadas nas clases prácticas (o exame terá neste caso unha
ponderación do 70%).
Alternativamente ao
sistema de avaliación continua, o alumnado poderá optar a ser avaliado cun
exame final que supoñerá o 100% da nota.
Na convocatoria de fin de
carreira, o exame supoñerá o 100% da nota As datas oficiais dos exames finais
serán as que fixe o Decanato.
Poderán consultarse na
páxina web da Facultade de CC. Económicas e Empresariais http://fccee.uvigo.es/ |