Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa disciplina. O alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral. COMPUTABLE EN AVALIACIÓN CONTINUA . Xunto co resto dos elementos da avaliación continua ata un 50 B14
Seminario Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado para o asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. COMPUTABLE EN AVALIACIÓN CONTINUA . Xunto co resto dos elementos da avaliación continua ata un 50 B14
C7
C12
Lección maxistral Exposición, por parte do profesorado, dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que ten que desenvolver o estudantado. COMPUTABLE EN AVALIACIÓN CONTINUA Xunto co resto dos elementos da avaliación continua ata un 50 B1
Resolución de problemas e/ou exercicios Exames con preguntas breves sobre a materia. COMPUTABLE EN AVALIACIÓN CONTINUA Xunto co resto dos elementos da avaliación continua ata un 50 B1
B14
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final. Esta proba forma parte da avaliación continua, e proporcionará a cualificación para aqueles alumnos que opten pola modalidade de avaliación global. Variable, en función de se o alumno opta pola avaliación continua ou non. B1
C7
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas dos exames da materia poderán ser consultadas na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es

A nota final do curso virá dada pola seguinte fórmula:

NF=A+(10-A)E/10

sendo A a nota da avaliación continua (máximo de 5 puntos) e E a nota do exame final (máximo de 10 puntos).

O mesmo sistema de avaliación será seguido no caso da convocatoria de fin de carreira.

En caso de non superar a materia na primeira convocatoria, a nota obtida polo traballo ao longo do curso manterase para a segunda convocatoria. Os puntos da avaliación continua obteranse por: a asistencia a clase e a participación nela. As probas curtas realizadas nas clases prácticas ao longo do curso. Os exercicios e/ou traballos propostos previamente e realizados fóra das horas de clase.

A fórmula empregada permite ao estudantado ser avaliado como máis lle conveña, pois entre a cualificación obtida por avaliación continua e a obtida por avaliación global outorga ao estudante as mellor entre as dúas posibilidades, non sendo preciso acadar unha puntuación mínima en ningún apartado para poder superar a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000