Guia docente 2020_21
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Traballo de Fin de Máster
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Elaboración do TFM:
No caso de non presencialidade, o alumno ten a posibilidade de mudar o TFM proposto, adaptándoo a unha situación de non presencialidade.
En función da data na que se determine esa non presencialidade deben acollerse a esta posibilidade aqueles traballos que tiñan una base experimental e cuxo desenvolvemento práctico aínda non se levara a cabo ou aínda non fose suficiente para completar os obxectivos propostos. Nestes casos, recoméndase orientar os traballos á un campo máis bibliográfico ou a un tipo de proxecto teórico cunha posible aplicabilidade no eido da bioloxía mariña.
Nos traballos que aínda tendo unha formulación experimental, xa estivesen rematados ou moi avanzados, recoméndase manter o proxecto inicial completando, si fose preciso, cun contido máis bibliográfico.
Matéñense as normas e instruccións xa establecidas na guía docente para a elaboración da memoria e a presentación do TFM diante dun tribunal.
Titorías:
Durante a suspensión de actividades presencias a titoría é aínda máis necesaria e precisa, podendo os titores empregar tanto as aulas virtuais, o e-mail e calquera outro medio que poida axudar a contactar na distancia.
Presentación e avaliación do TFM:
Se a presentación e defensa do TFM é en modalidade non presencial o proceso formulárase sobre o uso de sistema de videoconferencia (aulas virtuais) coas medidas adecuadas para garantir a fiabilidade e obxectividade da proba. En calquera caso, manteranse as porcentaxes de valoración xa establecidas na guía docente da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000