(*)Nesta materia exponse os principios biolóxicos que rexen o desenvolvemento dos
organismos mariños. O curso profundiza:
1) na bioloxía da reprodución e a bioloxía das larvas e embrións das
especies animais mariñas.
2) nos mecanismos celulares xenerais que subxacen aos procesos de diferenciación
e desenvolvemento.
A docencia desta materia inclúe clases maxistrais e resolución de exercicios
e outras actividades propostas polo profesorado. Nas clases maxistrais explicaranse
os conceptos que se enuncian no temario da materia. Os
exercicios e actividades permitirán resolver, debater e argumentar sobre cuestións
de interese xeral e actual no campo da bioloxía do desenvolvemento.