Guia docente 2020_21
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Bioloxía da Conservación
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

ESCENARIO NON PRESENCIAL

Manteranse a impartición das clases maxistrais, empregando as plataformas dispoñibles en cada Universidade (Teams ou similar).
A atención aos alumnos farase empregando as plataformas dispoñibles en cada Universidade.
Os contidos teóricos a impartir nun escenario non presencial non diferirán dos reflectidos para un escenario presencial. Igualmente, a bibliografía detallada na presente guía considerase suficiente para a impartición da materia nun escenario non presencial.

Adaptación da avaliación

A proba de avaliación nun escenario non presencial será similar a exposta para a situación presencial

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000