Guia docente 2020_21
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Cartografía, S.I.G. e Teledetección
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Expositivas: Explicación de contidos teóricos.
Nos escenarios 2 e 3 contemplados nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (2020-2021)” da USC, as clases expositivas realizaranse mediante a aplicación Microsoft Teams

Interactivas: Traballo práctico no manexo, interpretación e análise mediante as ferramentas propias da cartografía dixital e a teledetección. A clases baséanse na emprego de software específico, tanto libre coma propietario (este ultimo distribuído pola USC).
Nos tres escenarios contemplados nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (2020-2021)” da USC a docencia interactiva realizarase mediante a aplicación Microsoft Teams.
USC Virtual
A asignatura atópase no entorno da USC Virtual

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Nos 3 escenarios contemplados nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (2020-2021)” da USC, a avaliación farase mediante a elaboración dun traballo ao final da materia, e suporá o 100% da calificación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000