Guia docente 2020_21
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Técnicas de Mostraxe e Recoñecemento de Organismos e Comunidades Mariñas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
A docencia da materia de Técnicas de muestreo de organismos e comunidades do Máster Interuniversitario de Bioloxía Mariña se imparte na Estación Mariña da Graña (Ferrol). A excepcionalidade e a peculiaridade desa materia, que é totalmente práctica, fan imposible que se imparta de xeito non presencial (por medios telemáticos) xa que o estudante non podería adquirir as competencias da mesma.
Por tal motivo, no caso de pasar a unha docencia non presencial, a docencia desta materia tería que pospoñerse e/ou recolocarse no calendario académico ata que as condicións sanitarias así o permitan.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000