Guia docente 2020_21
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Fisioloxía de Organismos Mariños
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

DOCENCIA MIXTA:

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS DOCENTES

Na modalidade mixta tanto as Metodoloxías como os Sistemas de avaliación serán os mesmos que na modalidade presencial dado que a totalidade dos estudantes estarán presentes nas aulas de clase dos tres campus. No caso que a situación mudara, se podría seguir a docencia de xeito normal co desenvolvemento simultáneo das leccións maxistrais mediante o Campus Remoto (ou sistema similar das outras universidades participantes no máster) e asistencia presencial nas aulas.
Está previsto que as probas de examen se poidan levar a cabo de xeito presencial, ainda que si chegado o caso non se puideran facer así, usaríanse as ferramentas disponibles no Campus Remoto ou un sistema virtual similar.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN

Para a avaliación da materia en segunda oportunidade e modalidade mixta se manterá o mesmo sistema de avaliación previsto na guía docente, coas mesmas ponderacións das probas.

DOCENCIA NON PRESENCIAL:

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS

Manteñense as tres metodoloxías docentes mencionadas na guía: lección maxistral, prácticas de laboratorio e seminarios, ainda que se farán lixeiras adaptacións que se indican a continuación:
Para las leccións maxistrais utilizarase o Campus Remoto ou sistema virtual similar que mellor se adapta os estudantes das tres universidades que participan no máster.
As actividades que se desenvolven nas sesions de prácticas (Fisioloxía animal) sustitúense por actividades que simulan as prácticas de xeito virtual. Proporcionaranse guións para as prácticas adaptadas e datos de cursos académicos previos para que os estudantes poidan facer os correspondentes informes, os cales seguirán facéndose de xeito grupal.
Para o desenvolvemento das actividades de seminarios e especialmente si os estudiantes tivesen dificultades de acceso á bibliografía, aportaranselles enlaces, revisións ou artigos das temáticas (tanto de Fisioloxìa animal como de vexetal) que lles permitirán desenvolver os traballos previstos, os cales seguirán sendo grupais (2-3 estudantes). Para as presentación dos traballos utilizarase o Campus Remoto (ou sistema virtual similar).

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):
As sesións de titorización desenvolveranse mediante os seguintes modos de comunicación co alumnado.
- Correo electrónico cos profesores implicados.
- Comunicación mediante ferramentas de comunicación virtual: aula campus remoto ou similar.

* Modificacións (se procede) dos contidos a impartir:
Os contidos desenvolveranse de forma íntegra dacordo á planificación docente.

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe:
Se aportarán documentos, artigos, revisións temáticas, etc. para facilitar a comprensión da materia e das actividades programadas nas prácticas e seminarios, tanto na parte de Fisioloxía animal como na de Vexetal.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN

Manteránse as probas que están previstas na guía docente: Traballo na clase (Fisioloxía vexetal), Examen final (Fisioloxía animal), Asistencia a prácticas e informe (fisioloxía animal), Traballo grupal: Seminarios (Fisioloxía vexetal e animal),
Non se producirán cambios nas porcentaxes das probas, de xeito que son de aplicación os establecidos na guía docente.

Para a avaliación da materia en segunda oportunidade e modalidade non presencial manteranse o mesmo sistema de avaliación previsto na guía docente, coas mesmas ponderacións das probas.
 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000