Guia docente 2020_21
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Zooloxía Mariña
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
No caso de ter que levar acabo una docencia de xeito non presencial:
1.- As clases teóricas da materia de Zooloxía Mariña (na materia non hai seminarios, nin prácticas) impartiríanse de forma telemática, polo medio que sexa asequible as tres universidades (Teams, Skype, etc). Rematada a clase enviarase aos alumnos o pdf da presentación de power point via dropbox, tal e como se facía en cursos anteriores.
2.- A avaliación faríase mediante un traballo académico bibliográfico, de forma que o profesor enviaríalle a cada alumno un tema relacionado coa Zooloxía Mariña, indicándolle a extensión do texto máximo e o prazo de entrega do pdf por vía telemática.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000