Guia docente 2020_21
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Formación Profesional. Formación e Orientación Laboral
 Materias
  A Formación Profesional
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

PLANS DE CONTINXENCIA:
Metodoloxía docente
Se por mor dunha posible situación de emerxencia sanitaria, se tivese que recorrer ás
modalidades de docencia mixta e non presencial, o alumnado poderá acceder á
documentación e tarefas na plataforma FaiTic de igual xeito ca na presencial. Os
docentes empregarán os medios dispostos pola universidade para poder levar a cabo
a docencia online nestes supostos, mediante videoconferencias e outros recursos que
axuden ao alumnado a adquirir as competencias asociadas a esta materia.
Reforzarase o uso do Foro en FaiTic para facilitar o intercambio de coñecementos e
resolución de dúbidas entre o alumnado.

Avaliación

- Na modalidade non presencial, os criterios de cualificación e instrumentos de
avaliación serán os mesmos cos da modalidade presencial, agás no relativo á
Presentación Oral. Esta proba será valorada tan solo coa presentación
audiovisual (100%), eliminando a exposición oral.

- Na modalidade mixta, a avaliación levarase a cabo co idéntico procedemento
ao escenario da modalidade presencial
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000