Guia docente 2020_21
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Formación Profesional. Formación e Orientación Laboral
 Materias
  A Formación Profesional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Aplicouse o aprendido por medio da realización de tarefas individuais e en equipo (Exercicios dispostos en FaiTic), atendendo a:

- Calidade e pertinencia dos contidos, conforme ás instrucións de cada exercicio.
- Redacción e presentación axeitadas

Un dos exercicios será exposto oralmente en equipo. A cualificación dos contidos deste exercicio estará valorada neste apartado, conforme ao indicado en FaiTic.

Os 4 puntos que se poden obter polo traballo tutelado, distribuiranse do seguinte xeito:
• Exercicios Faitic programados por cada un dos 2 docentes que imparten a materia: 3 puntos (1,5 para os exercicios encargados por cada un deles)
• Exercicio de equipo que será obxecto de exposición oral en equipo: 1 punto.
40 B4
B13
B16
B18
C4
D1
D2
D3
Presentación En equipo

Levouse a cabo unha exposición oral de calidade dun dos traballos en equipo, atendendo a:

- Estrutura da exposición grupal, cunha axeitada secuenciación de contidos e tendo en conta a visión de conxunto.
- Calidade da presentación audiovisual (power point, prezi ou similar)
- Exposición de todos os apartados do traballo.
- Adaptación ao tempo dispoñible, coa distribución equitativa entre todos os membros do equipo.

Será necesario obter un mínimo de 5 (sobre 10) nesta proba para poder aprobar a materia.

Na cualificación desta proba terase en conta a exposición no seu conxunto incluíndo a presentación audiovisual (50%) e as calidade da destreza expositiva de cada estudante valorada individualmente (50%)

Na modalidade non presencial (á que se tivese que recorrer en caso de emerxencia sanitaria), esta proba será valorada tan solo coa presentación audiovisual (100%), eliminando a exposición oral.
20 B4
B14
C8
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas Adquiríronse os contidos teóricos.
Proba tipo test (o erro resta 50% do valor da cuestión) 30%


PARTICIPACIÓN: Participouse na clase amosando interese, puntualidade, realizando cuestións en clase, cooperando cos compañeiros de equipo e demostrando motivación cara a profesión docente 10%
40 B13
B14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS PARA ESTUDANTES QUE NON SUPERARON A AVALIACIÓN CONTINUA E DEBAN REALIZAR O EXAME DA 1ª CONVOCATORIA:

Estes/as estudantes deberán presentar os traballos obrigatorios non aprobados previamente na data indicada para a realización do Exame da 1ª convocatoria desta materia. Os profesores realizarán as preguntas oportunas trala exposición dos traballos coa fin de verificar se o/a alumno/a adquiriu as competencias mínimas requeridas. Non haberá unha proba escrita senón que o "exame" consistirá na exposición dos traballos e a resposta ás preguntas formuladas polos profesores.

En caso de non superar a materia nesta primeira convocatoria, os estudantes deberán ser avaliados conforme ao establecido para os/as alumnos/as non asistentes, tal e como se especifica a continuación:

CRITERIOS PARA ALUMNOS/AS NON ASISTENTES E PARA OS QUE SE PRESENTEN NA 2ª CONVOCATORIA:

O alumnado que perda o dereito á avaliación continuapor ter superado o 20% de faltas de asistencia, será avaliado coas seguintesespecificacións:

  • Traballo Tutelado: 40% (ao igual cós asistentes)
  • Presentación Oral: 20%, pero será realizada de forma individual (10% a presentación audiovisual + 10% destreza expositiva)
  • Proba Obxectiva: 40%, tipo test, na que o erro resta 75% do valor da cuestión.

Na modalidade non presencial (á que se tiveseque recorrer en caso de emerxencia sanitaria), a Presentación Oral e a ProbaObxectiva serán levadas a cabo por videoconferencia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000