Guia docente 2020_21
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Formación Profesional. Formación e Orientación Laboral
 Materias
  Formación e Orientación Laboral
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Participouse na clase amosando interese, puntualidade, realizando cuestións en clase, cooperando cos compañeiros de equipo e demostrando motivación cara a profesión docente. 10 C8
C19
C20
C23
Traballo tutelado Aplicouse o aprendido por medio da realización de tarefas individuais e en equipo (Exercicios dispostos en FaiTic), atendendo a:

- Calidade e pertinencia dos contidos, conforme ás instrucións de cada exercicio.
- Redacción e presentación axeitadas.

Un dos exercicios será exposto oralmente. A cualificación dos contidos deste exercicio estará valorada neste apartado, conforme ao indicado en FaiTic.

Os 6 puntos que se poden obter polo traballo tutelado, distribuiranse do seguinte xeito:
• Exercicios Faitic programados por cada un dos 2 docentes que imparten a materia: 2 puntos (1 para os exercicios encargados por cada un deles)
• Documento escrito cunha Programación Didáctica dun módulo profesional da especialidade, na que se inclúa tan solo 1 unidade didáctica (que será obxecto de exposición oral): 4 puntos.
60 C8
C20
C22
C23
C30
C31
Presentación Levouse a cabo unha exposición oral de calidade da Programación Didáctica presentada, atendendo a:

- Estrutura da exposición, cunha axeitada secuenciación de contidos e tendo en conta a visión de conxunto.
- Calidade da presentación audiovisual (power point, prezi ou similar).
- Exposición dunha brece introdución á Programación e de todos os apartados da Unidade Didáctica.
- Adaptación ao tempo dispoñible, coa distribución equitativa dos diferentes contidos a expoñer.
- Respostas a preguntas dos docentes acerca de calquera dos apartados da Programación.

Será necesario obter un mínimo de 5 (sobre 10) nesta proba para poder aprobar a materia.

Na modalidade non presencial (á que se tivese que recorrer en caso de emerxencia sanitaria), esta proba será valorada tan solo coa presentación audiovisual, eliminando a exposición oral. Neste caso, a presentación deberá incluír o conxunto da Programación e non soamente a Unidade Didáctica.
30 C20
C22
C30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que perda o dereito áavaliación continua por ter superado o 20% de faltas de asistencia, seráavaliado coas seguintes especificacións:

  • Traballo Tutelado: 40% (características similares ás tarefas dos asistentes, aínda que sempre será traballo individual)
  • Presentación Oral: 30%, ao igual co alumnado asistente, pero será realizada de forma individual.
  • Proba Obxectiva: 30%, con preguntas de resposta breve

Na modalidade non presencial (á quese tivese que recorrer en caso de emerxencia sanitaria), a Presentación Oral ea Proba Obxectiva serán levadas a cabo por videoconferencia (incluíndo aexposición oral).

CRITERIOS PARA ESTUDANTES QUE NON SUPERARON A AVALIACIÓN CONTINUA E DEBAN REALIZAR O EXAME DA 1ª CONVOCATORIA:

Estes/as estudantes deberán presentar os traballos obrigatorios non aprobados previamente na data indicada para a realización do Exame da 1ª convocatoria desta materia. Os profesores realizarán as preguntas oportunas trala exposición dos traballos coa fin de verificar se o/a alumno/a adquiriu as competencias mínimas requeridas. Non haberá unha proba escrita senón que o "exame" consistirá na exposición dos traballos e a resposta ás preguntas formuladas polos profesores.

En caso de non superar a materia nesta primeira convocatoria, os estudantes deberán ser avaliados conforme ao establecido para os/as alumnos/as non asistentes.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000