Guia docente 2020_21
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Formación Profesional. Formación e Orientación Laboral
 Materias
  Deseño curricular e organización de centros educativos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Aprendizaxe baseado en proxectos O proxecto consistirá na elaboración dunha unidade didáctica que se realizará individualmente ó longo do curso. Cada elemento curricular desta unidade terá un apartado teórico de fundamentación e análise que se realizará a través de consultas documentais e bibliográficas e tamén um apartado de diseño curricular. As diferentes fases do proxecto concretaranse nun produto escrito no ordenador para incorporar na plataforma. A profesora ofrecerá posibles temáticas para a unidade didáctica.
A elaboración do proxecto terá varias fases que coinciden co diseño dos elementos curriculares dunha unidade didáctica.
Para desenvolver o proxecto o alumnado terá en conta as explicacións teóricas da profesora e o traballo en equipo cos compañeiros donde se realizará unha retroalimentación do proceso para correxir o antes posible os posibles erros no desenvolvemento do proxecto
Prácticas con apoio das TIC Realizaranse prácticas autónomas a través de diferentes plataformas didácticas.
Lección maxistral Durante as sesións maxistrais realizaranse as explicacións teóricas do tema e aclararanse as dubidas surxidas durante la elaboración do proxecto.
O alumnado disporá dun texto base de guía e axuda.
Traballo tutelado Durante as clases presenciais realizaranse exercicos concretos ca finalidade de que o alumnado adquira a consolidación de determinados procedementos que máis tarde deberá formalizar de forma autónoma no proxecto.
Cada alumno presentará o fin do curso as seguintes evidencias:
1.- Redacción de un orden do día dunha reunión de departamento.
2.- Redacción dunha acta dunha reunión semanal de departamento.
3.- Diseño de unha unidade didáctica facendo fincapé nos apartados de metodoloxía e evaluación.
4.- Glosario de termos e mapa conceptual dos temas traballados (máximo 5 folios).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000