Levárase a cabo unha avaliación continua baseada na
asistencia ás clases maxistrais e na calidade dos resultados asociados ás
tarefas propostas que se realizarán esencialmente a través da plataforma TEMA
da Universidade de Vigo. Varios dos traballos presentados serán cualificados
polo propio alumnado nun proceso de avaliación por pares mediante unha rúbrica. Nas prácticas de campo e laboratorio/gabinete a
obxectivación da avaliación continua será feita mediante o uso de rúbricas, que
se publicarán na plataforma TEMA ao principio do curso co fin de que todos os
alumnos coñezan os diferentes items e o valor outorgado a cada un deles. No caso de que algún alumno non participe nas actividades de
aula, campo ou laboratorio, nin se integre nalgún dos grupos de traballo terá a
opción a realizar un exame ou outra proba que valerá o 100% da nota. Para que o alumnado poida ser avaliado por avaliación continua, debe
asistir ao 80% das clases da materia. Si o alumnado falta máis do 20% perde o
dereito á avaliación continua e debe ir á avaliación final (ordinaria ou
extraordinaria) onde será avaliado a través de exame ou outra proba . As
persoas que opten pola avaliación continua e non a superen non terán dereito a
unha segunda avaliación a través de exame ou outra proba na convocatoria
ordinaria debendo presentarse á convocatoria extraordinaria. As datas, horario e o lugar das probas de avaliación poderán consultarse na web do Máster: http://mpe.uvigo.es/ Tribunal extraordinario para 5ª, 6ª e 7ª
convocatoria: Presidente: Josefina Garrido González Secretaria:
Mª Luisa Castro Cerceda Vocal: José Benito Vázquez Dorrío Presidenta
suplente: Mª Mercedes Álvarez Lires Secretario
suplente: Pedro Membiela Iglesias Vocal
suplente: Manuel Vidal López |