Bloque I: contidos específicos |
Unidade I.1: Videoxogos. Historia
Esbozo da historia dos videoxogos, desde a chamada primeira xeración (1972) até a época actual, con especial énfase nas xeracións sétima e oitava, así como no PC como sistema de lecer multimedia.
Unidade I.2: Xéneros. Características
Clasificación tipolóxica dos videoxogos en función das súas características: simuladores deportivos, acción/aventura, estratexia, xogos en liña multixogador, etc.
Unidade I.3: A industria. Estrutura
Importancia económica da industria do lecer multimedia. Estrutura dunha empresa tipo. Deslocalización e globalización. Localización, calidade e tradutores in-house.
Unidade I.4: Videoxogos: desenvolvemento e comercialización
O proceso de creación dun videoxogo. Produción e desenvolvemento. Versións pre-alfa e alfa. Versións beta. O control de calidade. Validación. Saída a mercado. Mercadotecnia. Actualizacións. |
Bloque II: contidos comúns |
Unidade II.1: Textos multimodais
O videoxogo como texto multimodal. Aspectos semióticos. A non liñalidade como condicionante do proceso de tradución. Paratextos do videoxogo: embalaxes, manuais de usuario, contratos de licenza, webs e comunidades en liña.
Unidade II.2: Soportes
Organización da información verbal nos soportes físicos: a linguaxe XML.
Unidade II.3: Informática aplicada á localización
Ferramentas de tradución asistida.
Ferramentas de xestión terminolóxica.
Ferramentas de coordinación de recursos.
Ferramentas de seguimento de erros de depuración. |