Foros de discusión |
Nos foros de discusión poranse en común e discutiranse as solucións dadas ás prácticas autónomas.
|
Actividades introdutorias |
A primeira sesión da materia será presencial (malia que tamén se gardará e colgará na plataforma do posgrao) e dedicarase a explicar polo miúdo os obxectivos que se pretenden acadar, o temario, a forma na que se desenvolverá a docencia e os procedementos de avaliación. |
Estudo de casos |
O alumno disporá dun elevado número de estudos de caso (dobraxes existentes) que lle permitirán desenvolver o seu espírito crítico e xustificar as distintas posturas de tradución que pode adoptar ante as distintas dobraxes. |