Estudo de casos |
Presentación e discusión por parte do alumnado de actividades realizadas e coñecementos adquiridos. Discusión orientada polo persoal docente. |
Foros de discusión |
Discusión por parte do alumnado dos contidos, dúbidas, suxestións, críticas, etc. xurdidas da lectura do diferentes material de consulta facilitados polos docentes da materia (guía docente, artigos, base de datos de programas, etc.). Discusión orientada polo persoal docente. |
Prácticas con apoio das TIC |
Realización efectiva de diferentes proxectos básicos relacionados co ámbito da tradución multimedia (tradución audiovisual e localización, basicamente), previa identificación das diferentes tarefas do proceso tradutor e das ferramentas informáticas (hardware e/ou software) necesarias para poder levalas a cabo. Aqueles/as alumnas que non poidan asistir a ditas prácticas, poderán realizalas de maneira autónoma pola súa conta. Prácticas orientadas (in situ ou por vía telemática, segundo proceda) polo persoal docente. |