Guia docente 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Almacenamento e xestión de información
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Cambios nas metodoloxías e actividades do ensino

- Prácticas: se fose necesario, serían substituídas por sesións de clase maxistral que se levarían a cabo por medios telemáticos (videoconferencia) e nas que o profesor resolvería as actividades prácticas.

- Presentación: mantense a presentación do traballo na aula, pero se fose preciso realizarase por medios telemáticos (videoconferencia)

- Exame de cuestións de desenvolvemento: mantense, pero se fose preciso levaríase a cabo por medios telemáticos (aula virtual)

O resto de metodoloxías e actividades seguen sen cambios

* Mecanismo de non asistencia para a atención dos estudantes (titorías): desenvolveranse empregando os mesmos medios telemáticos empregados na fase remota (por exemplo: correo electrónico, foros de consulta, titorías virtuais por videoconferencia, etc.)

* Modificacións (se procede) do contido que se vai ensinar: non aplicable

* Bibliografía adicional para facilitar a autoaprendizaxe: non se considera necesario incluír bibliografía adicional

* Outras modificacións: non se consideran necesarias

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

- Presentación: mantense a presentación do traballo na aula, pero se fose preciso realizarase por medios telemáticos (videoconferencia)

- Exame de preguntas obxectivas: mantense e, se fose necesario, levaríase a cabo por medios telemáticos (aula virtual)

O resto de actividades e probas de avaliación seguen sen cambios, xa que están programadas para ser realizadas en liña.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000