Guia docente 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Sistemas de comunicacións ópticos e inalámbricos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS

a) Cambios en metodoloxías e actividades docentes:


- Participación en foros: mantense sen cambios.
- Actividades de autoavaliación: mantense sen cambios.
- Estudo previo: mantense sen cambios.
- Sesións de clase maxistral (en liña): mantense sen cambios.
- Sesións prácticas: en caso necesario substituiríanse por sesións de clase maxistral que se realizarían por medios telemáticos (videoconferencia) e nas que sería o profesor o que resolvería as actividades prácticas.
- Presentación de traballos na aula: mantense, pero en caso necesario realizaríase por medios telemáticos (videoconferencia)
- Resolución de problemas: mantense sen cambios
- Proba escrita de avaliación: mantense, pero en caso necesario realizaríase por medios telemáticos (aula virtual)
- Seminario: mantense, pero en caso necesario realizaríase por medios telemáticos (aula virtual)


b) Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías): desenvolveranse usando os mesmos medios telemáticos empregados na fase a distancia (por exemplo: correo electrónico, foros de consulta, tutorías virtuais por videoconferencia, etc.)

c) Modificacións dos contidos a impartir: non proceden.

d) Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe: non se considera necesario incluír bibliografía adicional.

e) Outras modificacións: non se consideran necesarias.


ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN

- Actividades participativas (foro): mantéñense sen cambios
- Actividades de autoavaliación (test): mantéñense sen cambios
- Presentacións e/ou exposicións: mantéñense, pero en caso necesario realizaríase por medios telemáticos (videoconferencia)
- Proba escrita: mantense, pero en caso necesario realizaríase por medios telemáticos (aula virtual)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000