Guia docente 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Transformación dixital e innovación
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* As clases presenciais (clases maxistrais ou de estudo de casos) substituiranse por clases non presenciais, a desenvolver on-line.

* Habilitaranse titorías non presenciais, por medios telemáticos, de atención ao alumnado.

* Manteranse os contidos da materia.

* Manteranse os criterios de avaliación.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* De ser necesario, a presentación de traballos realizarase de forma non presencial, on-line.

* De ser necesario, a proba escrita realizarase on-line, a través da plataforma do campus virtual.

* As actividades participativas e de autoevaluación, seguirán sen ningunha modificación, dado que xa se realizan a través da plataforma do campus virtual, e en formato dixital.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000