Guia docente 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Servizos e aplicacións software
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS.

No caso de darse unha situación de non presencialidade, as clases teóricas da materia poderíanse levar a cabo mediante medios telemáticos da mesma forma que se realizan as clases online, e por tanto, non se considera necesario adaptalas.

No caso das clases prácticas da materia (parte presencial), estas adaptaríanse en tempo e complexidade á situación de non presencialidade para poder realizarse a través de plataformas de teledocencia, de forma similar ao realizado durante a fase online do módulo.


ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN:

A avaliación da materia divídese na avaliación da parte non presencial (online) e a parte presencial. Nunha situación de non presencialidade, a avaliación online non se verá afectada, polo que non se considera necesaria a súa modificación, fóra da proba escrita de avaliación, que se deberá adaptar a unha metodoloxía a distancia (test online ou proba similar).

A realización das prácticas é perfectamente plausible en formato online, co que a modalidade de avaliación de esta parte tamén se mantería inalterada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000