Guia docente 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Seguridade en sistemas de telecomunicacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Actividades de aplicación dos coñecementos nun contexto determinado e de adquisición de habilidades básicas e procedementais en relación coa materia, a través do uso do TIC. Permiten avaliar os coñecementos e habilidades do alumno/a. Avaliaranse mediante entregables. 50 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B3
B6
B7
C14
D5
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de avaliación que inclúe preguntas abertas e/ou exercicios, sobre un tema. Os alumnos/as deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñan sobre a materia nunha resposta argumentada. Pódese utilizar para avaliar coñecementos e habilidades. 50 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B3
B6
B7
C14
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será necesario obter polo menos o 50% da cualificación para superar a materia.

No caso de que o alumno non consiga aprobar a materia na convocatoria ordinaria, terá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación (convocatoria extraordinaria) que se realizará en modalidade a distancia nas datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. O sistema de avaliación na convocatoria extraordinaria será o mesmo que na convocatoria ordinaria, realizándose a entrega de prácticas e a proba escrita mediante medios telemáticos. Será necesario obter polo menos o 50% da cualificación para superar a materia.


A fraude ou intento de fraude por parte do alumno no proceso de avaliación (copia ou plaxio ou facilitalo a terceiros) será penalizado outorgándolle directamente unha cualificación de suspenso (0.0) na convocatoria na que se produza.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000