=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
- Foros de discusión
- Estudo previo
- Lección maxistral
* Metodoloxías docentes que se modifican
- Seminario
- Prácticas con apoio do TIC
Mantense, pero en caso necesario realizaríase a distancia por medios telemáticos (vídeo conferencia)
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías)
Desenvolveranse usando os mesmos medios telemáticos empregados na fase a distancia (por exemplo: correo electrónico, foros de consulta, tutorías virtuais por videoconferencia, etc.)
* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir
Non proceden.
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Non se considera necesario incluír bibliografía adicional.
* Outras modificacións
Non se consideran necesarias.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas que se manteñen
- Traballo
* Probas que se modifican
- Exame de preguntas obxectivas
Mantéñense, pero en caso necesario realizaríanse a distancia por medios telemáticos. |