Guia docente 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Seguridade da información
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba que avalía o coñecemento e que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro ou falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.). Os alumnos/as seleccionan unha resposta de entre un número limitado de posibilidades. 70 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B6
B7
C9
D5
Traballo Texto ou documento elaborado sobre un tema que debe redactarse seguindo unhas normas establecidas de estilo e lonxitude. Permite avaliar as habilidades, os coñecementos e, en menor medida, as actitudes do alumno/a. 30 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B3
B7
C9
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será
necesario sacar o 50% da cualificación para poder superar a materia.


Utilizarase un mecanismo de avaliación continua, co que se pretende realizar un seguimento da evolución do alumno ao longo do
curso, valorando o seu esforzo de maneira global. Realizaranse dúas probas escritas: unha ao comezo da fase
presencial, na que se avaliarán os contidos impartidos na fase a distancia,
que suporá un 20% da cualificación; e unha ao final da fase
presencial, na que se avaliarán todos os contidos da materia
(incluíndo os contidos da fase a distancia e da presencial), que
suporá un 50% da cualificación.

No caso de que o alumno non consiga aprobar a materia na
convocatoria ordinaria, terá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación
(convocatoria extraordinaria) que se realizará na modalidade a distancia nas
datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. A
avaliación consistirá nese caso nunha única proba escrita que suporá o
100% da cualificación, sendo necesario obter polo menos o 50% para superar
a materia.

A fraude ou intento de fraude por parte do alumno no proceso de
avaliación (copia ou plaxio ou o seu facilitación a terceiros) será penalizado
outorgándolle directamente unha cualificación de 0 na convocatoria na que se produza.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000