Esta materia enmárcase dentro do módulo Común á Rama Industrial, e nela perséguese dotar ao alumnado dunha formación básica, tanto teórica como práctica, sobre os conceptos fundamentais relativos á automatización de procesos industriais, así como á análise e deseño de sistemas de control.
Desta forma nesta materia desenvólvense, por unha banda, os conceptos fundamentais asociados ao modelado de sistemas lóxicos de eventos discretos mediante Redes de Petri así como a súa implantación en autómatas programables (PLC), e por outra banda, os conceptos fundamentais asociados á teoría de sistemas dinámicos, abordando o seu modelado, representación e estudo analítico, así como temas relativos á análise e deseño de controladores integrados no clásico lazo realimentado de control.