Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Pontevedra)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría comunitaria II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
============================================================================
A conversión da actividade docente presencial a no presencial require da adaptación das Guías Docentes, por iso e co obxecto de contemplar alternativas ante as anteditas circunstancias elaborouse o plan de continxencia baseado na experiencia e cambios producidos do curso 2019-2020 pola conversión da actividade docente presencial en non presencial. Para elo, elaborouse un modelo común a todas as materias en aqueles apartados modificables das guías docentes, do curso 2020-2021, cun deseño que poida ser adaptado con facilidade para permitir un adecuado tránsito da modalidade de docencia, de ser o caso.
Como título que habilita para la profesión regulada de enfermeiro/a, (CIN 2134/2008) as modificacións afectan só a aqueles apartados/descritores incluídos nas guías docentes que puideron ser adaptados pola dirección do centro e coordinación do título no centro, non sendo posible as modificacións das competencias, os resultados de aprendizaxe e os contidos. Non se modifica nin os horarios de clase(salvo acordo previo co estudandato implicado) nin o calendario de avaliación. O plan de continxencia foi aprobado na Xunta de centro de 13 de xullo de 2020.

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS DOCENTES, TITORÍAS E ATENCIÓIN PERSONALIZADA NON PRESENCIAL:
As metodoloxías docentes e as ferramentas telemáticas utilizadas son as que están postas pola Uvigo a disposición do alumnado e o profesorado. A ferramenta mais potente posta a disposición para esta modalidade de docencia virtual síncrona e bidireccional co alumando é a webconferencia, a conexión en tempo real, e o uso do chat en liña
• Titoría: Mantense a atención titorial no horario establecido na Guía Docente utilizando para iso ferramentas síncronas (videoconferencias, conversación telefónica, etc.) e asíncronas (foros, correo electrónico, etc.) que permitan reforzar a acción orientadora e de seguimento do alumnado.
• Atención personalizada: Por e-mail, Faitic, videochamada e a través do campus remoto: aula e despacho virtual: Profesor Rosales despacho 2304 y profesora Diéguez: 660
• Planificación horaria: as horas presenciais planificadas segundo o cronograma diario da materia preestablecido e coñecido polo alumando e o profesorado, non se modifican e pasan a realizarse de xeito non presencial, seguíndo o horario establecido
• Lección maxistral: fanse polo aula virtual, videoconferencia; clases gravadas dos contidos da materia polo profesorado; vídeos con Screencast, MP4, e outros medios audiovisuales, a través de Faitic, e axuda das ferramentas de Moodle, e aulas en directo, seguindo os horarios de clase establecidos.
• Traballo tutelado; presentacións virtuais; traballo de aula; realízanse a través de videoconferencia, no aula e despacho virtual, seguindo o cronograma diario.
• Seminarios: utilizase o material audiovisual a través de Faitic, e as ferramentas de Moodle para a resolución de casos clínicos, prácticos, etc. , seguindo o cronograma diario.

ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN:
• A avaliación da materia está orientada á avaliación continua. Pasa a realizarse se xeito non presencial mantendo o deseño e ponderación das probas que figuran nas guías docentes.
• Para a realización das probas de avaliación utilízanse as ferramentas non presenciais recollidas no Manual de urxencia para a docencia e a avaliación debido á Covid-19 e outras postas a disposición da Uvigo (campus remoto, aulas e despachos virtuais, etc.) utilizando as ferramentas soportadas polas plataformas Claroline e/ou Moodle.

RECOMENDACIÓNS FINAIS: en función do momento no que se produza o paso á actividade en liña e a súa duración:
• Dadas as circunstancias, facilitase ao alumnado a bibliografía, recursos y enlaces recomendados para el aprendizaje no presencial da materia como alternativas á bibliografía básica e/ou complementaria indicada nas Guías Docentes.
• As actividades presencias previstas nas guías docentes pódense fraccionar para incrementar a súa frecuencia e favorecer que o estudantado manteña o seu ritmo de traballo e a súa motivación.
• Pódense activar os foros dispoñibles en FAitic
• Manterase unha comunicación continua a través do tablón de anuncios de Faitic.
• Difundirase e comunicarase ao alumando os cambios introducidos en calquera aspecto da docencia
• Difundirase e comunicarase ao alumando as instrucións precisas previas para o adecuado desenvolvemento das probas de avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000