Esta materia que complementa á de Enfermaría Comunitaria 1 pretende achegar ao alumnado os coñecementos e a metodoloxía necesarios para traballar no nivel primario de saúde, identificando os factores relacionados coa mesma. De forma paralela, tenta transmitirlle os coñecementos e actividades preventivas sobre os principais problemas de Saúde da Comunidade; capacitándoo, por iso, para levar a cabo tarefas de promoción de saúde e prevención das enfermidades.