Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Pontevedra)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Ética e lexislación
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS DOCENTES, TITORÍAS E ATENCIÓIN PERSONALIZADA NON PRESENCIAL:
As metodoloxías docentes e as ferramentas telemáticas utilizadas son as que están postas pola Uvigo a disposición do alumnado e o profesorado. A ferramenta mais potente posta a disposición para esta modalidade de docencia virtual síncrona e bidireccional co alumando é a webconferencia, a conexión en tempo real, e o uso dochat en liña
• Titoría: Mantense a atención titorial no horario establecido na Guía Docente utilizando para iso ferramentas síncronas (videoconferencias, conversación telefónica, etc.) e asíncronas (foros, correo electrónico, etc.) que permitan reforzar a acción orientadora e de seguimento do alumnado.
• Atención personalizada: Por e-mail, Faitic, videochamada e a través do campus remoto: aula e despacho virtual.
• Planificación horaria: as horas presenciais planificadas segundo o cronograma diario da materia preestablecido e coñecido polo alumando e o profesorado, non se modifican e pasan a realizarse de xeito non presencial, seguíndo o horario establecido
• Lección maxistral: fanse polo aula virtual, videoconferencia; clases gravadas dos contidos da materia polo profesorado; vídeos con Screencast, MP4, e outros medios audiovisuales, a través de Faitic, e axuda das ferramentas de Moodle, e aulas en directo, seguindo os horarios de clase establecidos.
• Traballo tutelado; presentacións virtuais; traballo de aula; realízanse a través de videoconferencia, no aula e despacho virtual, seguindo o cronograma diario.
• Seminarios: utilizase o material audiovisual a través de Faitic, e as ferramentas de Moodle para a resolución de casos clínicos, prácticos, etc. , seguindo o cronograma diario.

ADAPTACIÓNDA AVALIACIÓN:
• A avaliación da materia está orientada á avaliación continua. Pasa a realizarse se xeito non presencial mantendo o deseño e ponderación das probas que figuran nas guías docentes.
• Para a realización das probas de avaliaciónutilízanse as ferramentas non presenciais recollidas no Manual de urxencia para a docencia e a avaliación debido á Covid-19e outras postas a disposición daUvigo (campus remoto, aulas e despachos virtuais, etc.) utilizando as ferramentas soportadas polas plataformas Claroline e/ou Moodle.

RECOMENDACIÓNS FINAIS:en función do momento no que se produza o paso á actividade en liñae a súa duración:
• Dadas as circunstancias, facilitase ao alumnado a bibliografía, recursos y enlaces recomendados para el aprendizaje no presencial da materiacomo alternativas á bibliografía básica e/ou complementaria indicada nas Guías Docentes.
• As actividades presencias previstas nas guías docentes pódense fraccionar para incrementar a súa frecuencia e favorecer que o estudantado manteña o seu ritmo de traballo e a súa motivación.
• Pódense activar os foros dispoñibles en FAitic
• Manterase unha comunicación continua a través do tablón de anuncios de Faitic.
• Difundirase e comunicarase ao alumando os cambios introducidos en calquera aspecto da docencia
• Difundirase e comunicarase ao alumando as instrucións precisas previas para o adecuado desenvolvemento das probas de avaliación.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000