Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Pontevedra)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Anatomía humana: Anatomía humana
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario A avaliación dos seminarios realizarase mediante a observación sistemática do comportamento e participación do alumnado (5%) e pola resposta a preguntas curtas ou figuras relacionadas cos contidos impartidos no mesmo e que serán expostas nos minutos finais da sesión (15%). 20 B1
B3
B5
C1
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D11
Exame de preguntas obxectivas Os contidos teóricos adquiridos polo alumno/a en as leccións maxistrais e nos seminarios será obxecto de avaliación cun exame test de resposta simple entre catro opcións. Cada tres respostas erróneas restan un acerto. Será necesaria obter máis do 50% da puntuación para superar a proba. A superación desta proba, é necesaria para aprobar a materia.
Realizaranse duas probas ao longo do curso. A primeira proba levarase a cabo nas seguíntes datas:
Na primeira oportunidade:
o 13 de Novembro de 2020 ás 16h (Temas 1-6) (30%)
Na segunda oportunidade terá lugar o 02 de Xullo de 2021 as 16h
30 B2
C1
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas Os contidos teóricos adquiridos polo alumnado nas leccións maxistrais e nos seminarios será obxecto de avaliación cun exame test de resposta simple entre catro opcións. Cada tres respostas erróneas restan un acerto. Será necesaria obter máis do 50% da puntuación para superar a proba. A superación desta proba, é necesaria para aprobar a materia.
Realizaranse duas probas ao longo do curso.
A segunda proba levarase a cabo nas seguíntes datas:
Na primeira oportunidade:
o 21 de xaneiro 2021 ás 16h (35%) (resto do temario)
Na segunda oportunidade terá lugar o 02 de Xullo de 2021e ás 16h
35 B1
C1
D1
D3
D4
Presentación Presentación e exposición pública dos traballos individuais ou grupais asignados. Entrega de traballos ou debuxos anatómicos asignados de forma individual ó por grupos. Será necesaria obter máis do 50% da puntuación total relativa a esta proba. A superación da mesma, é necesaria para aprobar a materia 15 B4
B5
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia aos seminarios é obrigatoria para poder ser avaliados. Unicamente permitirase a ausencia xustificada documentalmente nunha sesión de dúas horas. 


As preguntas ou figuras asociadas aos contidos de cada seminario deberán ser entregadas ao finalizar o mesmo.

Para superar a materia ha de obterse polo menos o 50% da cualificación global, sendo necesario alcanzar polo menos o 50% da puntuación outorgada ao exame de preguntas obxectivas e á presentación de traballos.

Publicaranse as datas oficiais dos exames na páxina web da Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra
 
As cualificacións serán publicadas na plataforma FAITIC.
O alumnado matriculado por segunda ou sucesivas veces para acollerse a unha avaliación única final, o alumno/a deberá solicitalo ao coordinador da materia antes do xoves 8 de Outubro, mediante a presentación de alegacións xustificadas que lle impidan adherir un sistema de avaliación continua.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000