Guia docente 2020_21
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Valoración en fisioterapia
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se modifican
- Actividades introdutorias: levaranse a cabo de xeito presencial e virtual a través do Campus Remoto da Uvigo.
- Lección maxistral: levaranse a cabo de xeito presencial e virtual a través do Campus Remoto da Uvigo. No caso de suspensión da presencialidade, empregarase o espazo habilitado como Aula Virtual para 1º curso no Campus Remoto da Uvigo para impartir os contidos dos temas que poidan faltar, e nas datas e horas correspondentes á materia no horario presencial.
- Prácticas de laboratorio: as prácticas non se poden realizar de xeito non presencial. Ademais, ao ser unha titulación de acceso a unha profesión regulada, agardarase a que se restableza a posibilidade de docencia presencial de cara a recuperar as clases non impartidas. Non obstante, desenvolveranse actividades en base a documentación escrita e material audiovisual que permitan desenvolver parcialmente os contidos da materia.
Traballo tutelado: tanto as titorías do traballo como a súa presentación farase a través da Aula Virtual do Campus Remoto da Uvigo.
- Presentación – a presentación do traballo farase a través dos videos que se presentarán en Faitic u otro sistema acordado co docente .
- Resolución de problemas e exercicios- a través do campus virtual e FaiTic


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
- Faitic (Foros e anuncios)
- Correo electrónico
- Campus remoto da uvigo

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
- Mantense o resto da bibliografía da Guía Docente. En caso de precisar algunha fonte de información adicional para reforzó de algún contido serán indicados.

* Outras modificacións


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
[Proba anterior] => [Proba nova]
Exame teórico de 5 preguntas de desenvolvemento (40%)=>Exame en liña a través de cuestionarios e Exercicios de resolución de problemas – casos clínicos (35%)
Prácticas de laboratorio (40%) =>Exame oral a través do campus remoto onde o alumno debe coñecer, explicar y realizar cada unha das probas que se lle soliciten (35%)
Resolución de problemas de forma autónoma (10%) => Resolución de problemas de forma autónoma (15%)
Traballo tutelado (10%) => Traballo tutelado (15%)

* Novas probas
Para a realización do exame en liña utilizarase a plataforma Moodle

* Información adicional
Para superar a materia o/a alumno/a debe ter aprobado cada parte por separado (exame de preguntas de desenvolver, práctica de laboratorio e traballo tutelado, así como na avaliación continua das prácticas, ter superado cada bloque de forma individual). Aos/Ás alumnos/as que non poidan facer a avaliación continua das prácticas de laboratorio, daralles a opción de avaliarse soamente a través do exame práctico oral con cámara acendida (emprego do Campus Remoto da Uvigo), tendo este un valor de 35% sobre a nota final.
Farase unha organización de contidos e temas en función do estado sanitario no que nos encontremos, primando que os contidos que precisan de maior presencialidade coincidan no tempo con datas nas que se poda realizar con presencialidade.
Tendo en conta que os contidos prácticos desta materia están suxeitos o cumplimiento das condicións para os títulos que habilitan para o exercicio de profesións reguladas disposto na ORDEN CIN/2135/2008 e no Real Decreto 1393/2007; No caso de suspenderse a docencia presencial dos contidos prácticos e de ser preciso queda previsto organizar actividades académicas especificas, cando a docencia presencial este permitida, que garanten ao alumnado a posibilidade da realización e adestramento das habilidades manuais.

* Cronograma de actividades formativas e de avaliación
Os contidos teóricos e prácticos, así como o traballo, desenvolveranse coa programación prevista xa dende o inicio do curso e publicados na páxina web do Centro http://fisioterapia.uvigo.es/gl/docencia/programacion-de-materias/.
A avaliación da materia levarase a cabo nos días e horas aprobados en Xunta de Facultade para o curso 2020-2021. http://fisioterapia.uvigo.es/gl/docencia/exames/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000