Guia docente 2020_21
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Anatomía humana: Afeccións medicocirúrxicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Asistencia e participación activa do alumnado no desenvolvemento deles; ademais, o alumnado elaborará, individualmente, un esquema e resumo do tema que se traballe no seminario, e será entregado ao final del, persoalmente ou a través da FaiTIC. Avaliación continuada a través da FaiTIC.
20 B1
D1
Lección maxistral O exame final da materia constará de:
Unidade de Médicas:
Coñecementos teóricos: Exame final de tipo test, no que cada pregunta terá varias opcións de resposta, e só unha delas será válida. Cada pregunta ben respondida contará 1 punto; as deixadas en branco non descontarán puntuación, pero as que teñan a resposta equivocada si, segundo a fórmula: Cualificación = acertos - (erros / nº de opcións de resposta en cada pregunta).

Unidade de Cirúrxicas:
En convocatoria de maio/xuño: Unha proba tipo test de resposta única de 50 preguntas e 4 opcións de resposta. Cada pregunta fallida restará un tercio de cada acerto.
En convocatoria de xuño/xullo: 5 preguntas de resposta curta.
80 B1
C38
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia
consta de dúas unidades: Unidade I: Afeccións Médicas e Unidade II: Afeccións
Cirúrxicas. A avaliación farase de cada unidade por separado; sendo necesario,
para aprobar a materia, superar as dúas Unidades
independentemente (e, dentro delas, cada unha das súas partes: teórica e
seminarios, tamén independentemente).

A nota final será a media das dúas Unidades, se ambas están aprobadas ou suspensas. Se só se aproba unha unidade, ou parte dela, consérvase ese aprobado dentro do mesmo curso académico (ata xullo), pero non dun curso aos seguintes.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000