Guia docente 2020_21
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioloxía: Movemento funcional en fisioterapia
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dunha maneira mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se modifican
Actividades introductorias: levaranse a cabo de maneira virtual a través do campus remoto
Traballo tutelado: as titorías do traballo farase a través da aula virtual do campus remoto.
Prácticas de laboratorio: As prácticas de laboratorio non se poden realizar de modo non presencial. No entanto, colgarase en Faitic, seguindo a programación da materia, o material audiovisual e/ou o material científico correspondente aos diferentes temas
Presentación: a presentación do traballo farase a través da aula virtual do campus remoto.
Lección maxistral: a impartición da docencia teórica desenvolverase a través da aula virtual do campus remoto e seguindo a programación docente.
Resolución de problemas: a través do campus virtual e FaiTic
Aprendizaxe colaborativa: a través do campus virtual e ou FaiTic


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Correo electrónico
Campus remoto despacho virtual

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Mantense a bibliografía da Guía Docente. En caso de precisar algunha fonte de información adicional para a realización dalgunhas das tarefas prácticas, os accesos serán facilitados durante as mesmas.

* Outras modificacións
Tendo en conta que os contidos prácticos desta materia están suxeitos o cumprimento das condicións para os títulos que habilitan para o exercicio de profesións reguladas disposto na ORDE CIN/2135/2008 e no Real Decreto 1393/2007; queda previsto, de ser necesario, organizar actividades académicas específicas cando a docencia presencial estea permitida de novo, que garantan ao alumnado a posibilidade da realización e adestramento das prácticas pendentes.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas que se modifican
[Proba anterior] => [Proba nova]
Exame teórico de 4 preguntas de desenvolvemento (60%)=>Exame en liña a través de cuestionarios (30%); Exercicios de resolución de problemas (30%)

Prácticas de laboratorio (35%) (orixinal) =>As prácticas de laboratorio se substituirán por tutoriais de uso de diferentes instrumentos de captación de movemento e actividades que demostren a súa comprensión e serán supervisadas por diferentes ferramentas virtuais (35%)

Presentación do traballo presencialmente (5%) =>Presentación en liña mediante campus remoto (5%)

* Novas probas
Para a realización do exame en liña utilizarase a plataforma Moodle

* Información adicional
Modifícase este requisito ao modificarse o peso proposto para a proba teórica "Para superar a materia débese obter como mínimo un 3,5 sobre 8 no exame teórico, a condición de que se consiga un 5 coa suma da puntuación do traballo". E quedará "Para superar a materia débese obter como mínimo un 2 sobre 4 no exame teórico, a condición de que se consiga un 5 coa suma da puntuación do traballo e das actividades restantes"

*Cronograma de actividades formativas e de avaliación

Os contidos teóricos e prácticos, así como o traballo, desenvolveranse coa programación prevista desde o inicio do curso e publicados na páxina web do Centro http://fisioterapia.uvigo.es/gl/docencia/programacion-de-materias/.
A avaliación da materia levará a cabo nos días e horas aprobados en Xunta de Facultade para o curso 2020-2021 http://fisioterapia.uvigo.es/gl/docencia/exames/


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000