Guia docente 2020_21
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fundamentos de fisioterapia
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se modifican

- Actividades introductorias: levaranse a cabo de xeito virtual a través do campus remoto
- Traballo tutelado: as titorías relacionadas co traballo faranse a través da aula virtual do campus remoto.
- Presentación: a presentación do traballo farase a través da aula virtual do campus remoto.
- Lección maxistral: a impartición da docencia teórica se desenvolverá a través da aula virtual do campus remoto e seguindo a programación docente.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
- Correo electrónico
- Campus remoto
- Plataforma Tema

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Mantense o resto da bibliografía da Guía Docente. En caso de precisar algunha fonte de información adicional para reforzó de algún contido serán indicados.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas que se modifican
[Proba anterior] => [Proba nova]
Examen teórico de denvolvemento presencial (40%) => Examen teórico de desenvovemento virtual (50%) ; Avaliación continua de contidos teóricos (30%)

Traballo tutelado con presentación presencial (20%) => Traballo tutelado con presentación virtual (20%).


* Información adicional

- Para a avaliación continua de contidos teóricos: deseñaranse actividades e exercicios a través da plataforma Faitic con seguimento dende o campus remoto para a resolución de dúbidas que poidan xurdir (30%)
- A realización e a presentación do traballo é obrigatoria para poder superar a materia.

- Para superar a materia o alumnado deberá acadar unha puntuación mínima de 2,5 sobre 5 no exame teórico para poder superar a materia

=== CRONOGRAMA===
Os contidos teóricos así como o traballo, desenvolveranse coa programación prevista xa dende o inicio do curso e publicados na páxina web do Centro http://fisioterapia.uvigo.es/gl/docencia/programacion-de-materias/.
A avaliación da materia levarase a cabo nos días e horas aprobados en Xunta de Facultade para o curso 2020-2021 http://fisioterapia.uvigo.es/gl/docencia/exames/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000