Guia docente 2020_21
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Bioquímica-Física: Bioquímica e biofísica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se modifican
Lección maxistral teórica seguindo a programación da materia a través do campus remoto para o alumnado non presencial.
Lección maxistral das prácticas a través do campus remoto para o alumnado non presencial.


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Campus Remoto: despacho virtual (711)
Correo electrónico: rduran@uvigo.es


* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Recoméndanse os Manuais para traballo desde casa existentes na secretaría virtual. Mantense o resto da bibliografía da Guía Docente. En caso de precisar algunha fonte de información adicional para reforzó de algún contido será indicada na plataforma Faitic.

* Outras modificacións
Teranse en conta as recomendacións que propoña a Universidade de Vigo.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Información adicional

Para adaptarse á Normativa de Avaliación Continua (posibilidade recollida nos Estatutos da Universidade de Vigo) proponse ao alumnado a posibilidade de realizar unha AVALIACIÓN CONTINUA (non obrigatoria, podendo optar pola modalidade de exame) do seguinte xeito: cada 15 días a partires do inicio de outubro o alumnado terá que ler un libro de Biofísica ou Bioquímica (en total 2 libros de cada) e realizar un resumo razonado e crítico de 30 páxinas (seguindo os capítulos ou apartados do libro elixido) e subilo á plataforma Faitic, con datas de entrega 15 e 30 de outubro e 15 e 30 de novembro). Cada resumo contará ata un 10% da nota final (en total un 40%), que xunto ao 20% das prácticas e o 40% do exame final, constituirá o total da calificación. O alumnado que no elixan esta opción terán a avaliación normal: 80% exame e 20% prácticas.

Calquera información que xurda dependendo das circunstancias ou do Plan de Continxencia comunicarase a través de Faitic.


*Cronograma de actividades formativas e de avaliación
Os contidos teóricos e prácticos, así como o traballo, desenvolveranse coa programación prevista xa dende o inicio do curso e publicados na páxina web do Centro http://fisioterapia.uvigo.es/gl/docencia/programacion-de-materias/.

A avaliación da materia levarase a cabo nos días e horas aprobados en Xunta de Facultade para o curso 2020-2021 http://fisioterapia.uvigo.es/gl/docencia/exames/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000