Guia docente 2020_21
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioloxía: Fisioloxía humana
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Adaptación de metodoloxías á docencia non presencial.

* Metodoloxías docentes que se manteñen
- Clases maxistrais e seminarios: úsase a mesma metodoloxía docente que na modalidade presencial.

* Metodoloxías docentes que se modifican
- Clases maxistrais e seminarios: úsase a mesma metodoloxía docente que na modalidade presencial, usando o sistema de aulas virtuais da Universidade para o alumnado en remoto.

- Prácticas: Dada a imposibilidade de realizar as prácticas de laboratorio, cambiaríanse as prácticas de laboratorio a un sistema totalmente virtual, usando un programa informático que se atope aberto e gratuíto para uso en internet.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
- Mesmas características que na modalidade presencial potenciándose o uso da aula virtual de cada profesor e o correo electrónico.

* Modificacións (se procede) dos contidos a impartir
- Os contidos da materia non se modifican.

* Bibliografía adicional para facilitar á autoaprendizaxe
- Facilitarase, na medida do posible, aos alumnos enlaces a fontes de información *on-*line para axudarlles na comprensión do material docente facilitado en clase e para a preparación de seminarios.

* Outras modificacións
- Teranse en conta as recomendacións que se vaian facendo por parte da Universidade de Vigo.

* Probas
*Proba presencial (%) *Proba nova (%)
- Exame tipo test (70%) - Exame desenvolvo (50%)
- Seminarios (10%) - Seminarios (30%)
- Prácticas (20%) - Prácticas (20%)


* Información adicional
- Non hai máis cambios en relación ao resto de seccións da guía docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000