Guia docente 2020_21
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Anatomía humana: Anatomía humana
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.


=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se modifican

Mantéñense as leccións maxistrais, pero serán impartidas online a través das Aulas do Campus Remoto da UVIGO, mantendo a planificación horaria, cos axustes nos horarios e grupos que estableza a Facultade.
Prácticas de laboratorio: Os horarios serán estipulados polo Decanato. Durante o tempo de prácticas os alumnos utilizarán os atlas 3D baixo a supervisión online do profesor polas dúbidas que poidan suxir. É obrigatorio a asistencia ás prácticas, con cámara
Por último, realizaranse avaliacións continuas e con preguntas orais online de forma individual no Campus Remoto.
Participación activa do alumno para asimilar e comprender os contidos da práctica correspondente. Realización e entrega das fichas dos contidos da práctica correspondente. A avaliación será continua téndose en conta a participación nas prácticas, as fichas entregadas e con preguntas orais online de forma individual
A asistencia ás prácticas e obrigatoria. Permitiránse 2 faltas de asistencia (por causa de forza maior) que han de ser
xustificadas documentalmente. Ao finalizar cada práctica deberán entregarse as fichas dos contidos da mesma, enviándose a través do correo electrónico/ ou ben dos formularios establecidos para dito obxetivo.
En caso de docencia mixta (presencial-online), adaptaranse os grupos de prácticas segundo a capacidade do laboratorio de Anatomía, e reduciranse en función da capacidade do laboratorio os tempos de docencia presencial, sendo realizado o resto da carga docente de forma online.


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

As tutorías realizaranse online a través do Despacho Virtual do profesorado (Prof Mª Elena Padin Iruegas: Sala 1827) no Campus Remoto, mantendo os mesmos horarios que as tutorías presenciais. Fomentarase a utilización do email para a atención aos alumnos.


* Modificacións (se procede) dos contidos a impartir

Mantéñense os contidos da materia.


* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

1- Plataforma 3D Complete Anatomy. Elsevier
2- Atlas de Anatomia Humana 2020 Visible Body

Mantense o resto da bibliografía da Guía Docente. En caso de precisar algunha fonte de información adicional para a realización dalgunhas das tarefas prácticas, os accesos serán facilitados durante as clases prácticas.


* Outras modificacións

A proba teórica mantén o peso indicado na Guía Docente (70%), do mesmo xeito que a avaliación continua das clases prácticas (30%), independentemente de si a docencia é presencial ou vía Campus Remoto.

Cambios polo examen online:

Exame de preguntas obxectivas Sesión magistral: os coñecementos teóricos adquirido polo alumno avaliaranse mediante un exame tipo test de 5 opcións sen puntuar negativos. O exame constará de 50 preguntas a realizar en 55 minutos, a traves dun cuestionario que colgarase na plataforma correspondente.
Para superar o examen teórico debense obter o 70% de respostas correctas. Debe aprobarse o exame teórico para supera-la asignatura

Observación sistemática Participación activa do alumno para asimilar e comprender os contidos da práctica correspondente. Realización e entrega das fichas dos contidos da práctica correspondente. e con preguntas orais online de forma individual
A avaliación será continua téndose en conta a participación nas prácticas e as fichas entregadas, e as respostas ás preguntas orais.

Os contidos teóricos e prácticos, desenvolveranse coa programación prevista xa dende o inicio do curso e publicados na páxina web do Centro http://fisioterapia.uvigo.es/gl/docencia/programacion-de-materias/.
A avaliación da materia levarase a cabo nos días e horas aprobados en Xunta de Facultade para o curso 2020-2021 http://fisioterapia.uvigo.es/gl/docencia/exames/


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000