=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
No caso de non poder manter titorías presenciais, o profesorado atenderá a dirección dos traballos de xeito non presencial, a través do correo electrónico e dos despachos virtuais da Universidade de Vigo.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
No caso de que as defensas non poidan efectuarse de forma presencial, levaranse a cabo a través do Campus Remoto.
* Información adicional
|