Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
 Materias
  Dixital Media Planning
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías propostas Seminarios e Traballo tutelado, xa que se poden levar a cabo a través do campus remoto e Moovi

*Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Os alumnos poden concertar e asistir a titorías a través das salas de profesorado do Campus Remoto previa solicitude a través de Moovi ou outros medios que facilite a propia Universidade.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
De chegar o caso, elimínase a avaliación sistemática (valorada cun 30% da nota) e o traballo tutelado computa cun 100% da nota no canto do 70% inicial.
Ese novo cómputo calcúlase ponderando as notas acadadas - con independencia de si se teñan realizado antes ou despois da situación excepcional - mediante unha regra de tres, para acadar ese máximo do 100%
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000