=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as metodoloxías aplicables inda que esta se desenvolverán no espazo virtual específico da universidade de Vigo.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Os alumnos e alumnas disporán de titorías a través da Sala de profesorado virtual 2570.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modifican os contidos.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Polos contidos específicos da materia e o seu carácter de vinculación coa actualidade, facilitaránse informes técnicos sobre o sector para desenvolver cada un dos apartados dos contidos.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Manténse o sistema de avaliación, contemplando o relativo á asistencia como a asistencia virtual e participación nas sesións realizadas deste xeito. |