Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
 Materias
  Dirección estratéxica de comunicación dixital
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

Mantéñense as metodoloxías establecidas (seminarios e traballos tutelados).

No caso dos seminarios, no caso de que unha porcentaxe relevante do alumnado poida seguir as sesións en remoto nos horarios establecidos, estas impartiranse de modo síncrono para facilitar a súa participación, poñendo a disposición do alumnado que non poida asistir unha gravación da sesión. No caso de que a maioría do alumnado manifeste non poder seguir as sesións nos horarios establecidos, estas só se ofrecerán, gravadas, de modo asíncrono, e abrirase un foro semanal para consulta e debate sobre as cuestións impartidas na sesión.

Traballos tutelados: as explicacións relacionadas cos traballos facilitaranse, de forma detallada, a través de FAITIC. Concertaranse particularmente con cada estudante ou grupo sesións de seguemento dos traballos.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías atenderanse de xeito non presencial a través dos despachos virtuais das docentes, previa solicitude de cita vía correo electrónico. Tamén se solventarán por correo electrónico as consultas sinxelas que non precisen dunha titoría.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se precisan.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
No caso de confinamento facilitarase ao alumnado bibliografía que sexa accesible vía online.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

A asistencia e participación síncrona nas sesións deixará de ser un elemento avaliable, dado que é posible que parte do alumnado non se poida conectar.

Polo tanto, o valor do traballo tutelado pasará a ser do 100%.

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000