Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía-Pontevedra
 Materias
  Prácticas Externas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Se as circunstancias sanitarias derivadas da COVID-19 o esixen, as prácticas externas consistentes en desenvolver o traballo propio dun despacho de avogados e/ou asesorías xurídicas de empresa realizaranse de forma telemática podéndose complementar ou substituir de forma íntegra se as circunstancias sanitarias o requieren pola
-realización de cursos de formación práctica organizados a tal efecto polo Consejo General de la Abogacía Española (C.G.A.E)
- participación nos seminarios prácticos organizados, no marco do Máster, entre a Universidade e o Colexio de Avogados e impartidos por profesionais, provenientes de institucións públicas ou privadas, expertos nos contidos das materias que integran o plan académico do máster.
- elaboración de informes sobre cuestións xurídicas, ditames e escritos forenses.
A planificación e avaliación corresponderá ó titor/a externo/a o ó titor /a académico/a.
En todo caso, manterase o mesmo sistema de titorías e avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000