Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
 Materias
  Deseño Web e Multimedia
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Mantéñense todas, xa que se poden levar a cabo a través do campus remoto, tanto de xeito síncrono como de xeito asíncrono.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Os alumnos poden concertar e asistir a titorías a través de Faitic e das salas de profesorado do Campus Remoto



=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
No caso de suspensión de clases, a observación sistemática (10%) anúlase e a nota do traballo e estudos de caso (50% e 40%) pasa a computar o 100% da materia. Mantéñense as puntuacións, con independencia de se se realizou ou non a proba no momento da suspensión, e ao final pondérase ese 90% para poder acadar o 100% mediante unha regra de tres.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000