Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Publicidade internacional
   Plan de Continxencias
 
Descrición
As sesións teóricas e prácticas serán síncronas, mantendo o horario habitual das ambas sesións a través do campus remoto. As prácticas serán as previstas con entregas pero sen presentacións como están previstas na modalidade presencial, por tanto, as prácticas ampliaranse.

A valoración da parte teórica baséase na modalidade de exame final non presencial. Será unha proba final escrita sen control automático de identidade baixo a modalidade de exame con apuntamentos. Poderase subir á plataforma FaiTIC ou enviar por por correo electrónico ao docente no prazo establecido. O alumnado poderá usar os apuntamentos e toda a documentación facilitada na plataforma FaiTIC.

O peso da teoría e da práctica mantense nas porcentaxes previstas na ficha da materia, é dicir, 20% e 80% respectivamente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000