Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Publicidade, artes gráficas e tipografía
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
No caso dun novo confinamento ou de que as normas obriguen a unha docencia semipresencial ou a distancia, mantéñense todas as Metodoloxías docentes definidas no apartado 5, aínda que, modifícase a maneira de impartilas, que pasará a ser a distancia, a través das aulas virtuais e, no caso dos seminarios, utilizando os despachos virtuais dos profesores.
Este último sistema, será aplicado tamén para as tutorías.
Os contidos, así mesmo, mantéñense e defínense no apartado 3.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
As circunstancias excepcionais, que recomenden de que non se fagan exames presenciais, salvo en casos moi xustificados, non afectaría a esta materia porque se avalía de maneira continua e non utiliza un exame final. Para os alumnos que non asistan a clase ou non se acollan á avaliación continua, realizarase un exame final, por medios telemáticos, cos contidos do libro oficial da materia "Manual de tipografía: Del plomo a la era digital", de Montse Más e José Luís Martín. Ed. Campgráfic. Valencia, e cuxo sistema será comunicado oportunamente aos alumnos interesados.
Na avaliación continua, mantéñense todos os traballos que se exporán a principio do curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000